domingo, 22 de abril de 2012

A Antía Cal Vázquez


Querida Tita:

O outro día limos no xornal que nomeáronche Viguesa Distinguida e non podemos por menos que enviarche esta pequena carta chea de lembranzas e de agradecemento.

Na nosa Escola todo era diferente, comezando polo nome. Os demais ían ao Colexio, nós iamos á Escola. As aulas dos outros eran A, B, C e os alumnos tiñan número. Nós estudiabamos en Irmandiños, Mariñeiros, Xeración Nós, Martín Códax, ..., e xamais tivemos número, nin nos chamaron polo apelido.

O día de festa era o 17 de maio cando cáseque ninguén o celebraba en Galicia. Tiñamos que facer un traballo do autor ao que estaba adicado e do que non había información por ningures. Ese día, Faro de Vigo, sorprendíanos cun especial e sempre pensabamos o mesmo: “Se saise onte...”

Nos outros centros facían excursións, nós faciamos saídas. As  excursións son para ir cos pais. E aínda podemos escoitarte dicindo: Facede grupo, facede grupo.

As lembranzas son moitas e, entre elas, a inesquecible explicación das borrascas, o debuxo das curvas de nivel das illas Cíes feito desde Monteferro, o cesto co material da aula, os cantos rodados, a Terra Chá, a estrela con luces, o Macizo Galaico e a Igrexa Románica de Bembrive coas súas arquivoltas.

Tamén o teu asubío colgado do pescozo, os teus bravo, bravo coas mans xuntas e os berros de ledicia que deches cando unha alumna che respondeu depende á pregunta de ¿é mellor o latifundio ou o minifundio?

O inesquecible arquivo que tiñas no soto do colexio vello no que gardabas as novas de interese coas que ilustrabas as túas clases. A película dos castores e a do trigo do Canadá. E tamén O Acorazado Potemkin que anos despois soubemos que era unha película de culto.

E como non lembrar aos avós, que eran un pouco os avós de todos: gardábannos na neveira as follas de moreira para alimentar os vermes de seda que coidabamos nas aulas. E por último, nomear aos outros membros da familia Cal: Armando, Margarita e Ita.

O Rosalía de Castro era diferente.

Moitas gracias aos nosos pais por educarnos e a ti e a túa Escola por formarnos.
  
Yolanda, Miguel e María
(1967, 1969, 1973)
                                                       

jueves, 19 de abril de 2012

Un euro de queso

Ayer por la tarde fui a un supermercado en el que no suelo comprar. Yo iba un poco despistada por unos pasillos desconocidos y rodeada de gente a la que no no había visto en mi vida. La sensación era como la de encontrarte en otra ciudad.
Cogí el número de la charcutería. No había mucha gente. La señora que estaba delante de mí pidió "un euro de queso y un euro de jamón cocido"... Me quedé perpleja. La charcutera no se sorprendió: marcó el precio en la báscula y fue cortando lonchas. Se pasó de cantidad y llegó a 1,35 €. Discretamente le dijo: "Me pasé, ¿le quito?" y la señora respondió que sí. Luego le cortó un euro de jamón cocido. No me lo he podido quitar de la cabeza. Alguna vez compré embutido por lonchas, sobre todo cuando eran mis hijos pequeños y les compraba todos los días jamón cocido para la merienda (dos lonchas o así). Esta mujer no tenía más, yo sí tenía, yo podía elegir lo que quería, ella no...